Xa sei que é un simple baile, pero é moi especial para min. Todo ten a súa historia...
Recibiu este nome a comenzos da década dos 60 un baile de salón que se fixo enormemente popular. Chamouse así polo nome da canción que o fixo famoso: The Twist, de Chubby Checker, composto por Ballard no ano 1959 e gravado nese mesmo ano. Con este tema, Checker chegou en 1960 ó número un das listas de éxito nos Estados Unidos. Ademais ten o récord de ser o primeiro single que conseguía este posto en dous anos diferentes, xa que de novo foi número 1 en 1962. Podedes escoitalo ó abrir a páxina de Checker ou aquí mesmo: THE TWIST
Si vichedes a película biográfica sobre Benny Goodman á que fai referencia o imaxe (esta é de 1955,pero creo que hai outra de 1971) acordaredesvos do pasaxe que describe o clamoroso éxito no concieto no Carnegie Hall de New York en 1938 (¡xa chovio!), aunte un público esixente e pouco habituado a ese tipo de música. Se encontro por aí adiente o vídeo poñereimo ó final. O caso e que con motivo dese éxito foi aclamado por todo o mundo como "O rei do swing". Duke Ellington, un dos maestros do swing como veredes (mellor dito, escoitaredes), dicía que sin swing non hai música. Swing ven sendo eso, un balanceo rítmico, pasando dun punto ó outro do compás, da tensión á relaxación. E ata tal punto se fixo popular ese ritmo, ou baile, ou como se lle queira chamar, que o swing, así con minúsculas, chegou a darlle o nome a unha época dentro da historia do jazz, a época do Swing, con maiúsculas, que vai dende principios dos 30 ata mediados dos 40 aproximadamente. Porque, claro, antes do famoso concerto de Beny Goodman xa houbera moita xente que tocaba dese xeito, auténticos maestros dese estilo de música. Pero foi Benny o que chegou a popularizalo definitivamente. Eu vou a poñervos unha serie de interpretacións de músicos que podemos encuadrar neste estilo (todo esto das clasificacións non me gusta nada, sempre se simplifican as cousas en demasía, pero bueno) e que a min me gustaron cando os fun descubrindo: as orquestas de Benny Goddman e Glenn Miller ; Lionel Hampton, que foi o primeiro en utilizar no jazz un novo instrumento, o vibráfono co que se faría famoso; Duke Ellington, o creador do jungle style, imitación dos sonidos da selva africana, apodado así pola súa elegancia no vestir; Benny Carter, saxofonista e compositor; o violinista francés Stéphane Grappelli do que dispoño dunha gravación xunto co pianista e compositor Claude Bolling (First Class); e o guitarrista belga Django Reinhardt, un fenómeno con moitísimo mérito dadas as circunstancias da súa biografía. Para ampliar información pinchade no nome e iredes á biografía de cada un que aparece nunha das páxinas que vos recomendei na primeira entrega: Apolo y Baco
Despois dunha vida nada exemplar (coñecía ben os reformatorios, ás cárceres, os centros de desintoxicación...), con múltiples problemas derivados do consumo de drogas, acaba de morrer ós 73
anos, nun hospital de Atlanta, James Brown, o "padriño do soul" como se lle coñecía. Aló se foi "Mr.dinamita", o rei do soul, o do ritmo trepidante... ¡Cantos recordos! Morreu James Brown, un dos meus ídolos de xuventude.
Na súa homenaxe, hoxe dedicareime a escoitar a súa música e, de paso, a subila ó reproductor.
Con toda certeza oiriades falar de Demis Roussos e de Vangelis. Pero ¿cantos de vos oístes falar de Aphrodite's Child? Así se chamaba este trío grego do que formaban parte Demis Roussos (cantante e guitarrista), Vangelis Papathanassiou (teclista e compositor) e Lucas Sideras (batería). Interpretaba unha especie de pop-rock progresivo e psicodélico e tivo un notable éxito a finais dos 60. Formado en 1967, nun principio tamén pertenecía o gurpo o guitarrista Anargyros Koulouris; circunstancia esta da que me acabo de enterar agora mesmo, preparando esta entrada para o blog. Resulta que o seu primeiro disco ían gravalo en París; pero Kouloris estaba facendo a mili e non poido salir de Grecia... Eu sempre pensara que se incorporou ó final, pero como se ve xa fora un dos fundadores do grupo. Así pois, o trío gravou o seu primeiro single que resultou un éxito total en toda Europa: Rain and tears chegou a número un en moitas listas. powered by ODEO ¿A qué composición clásica vos recorda? Efectivamente, efectivamente, esa misma tomaron como referencia para a grabación do tema: o Canon de J. Pachelbel. Compara e verás. powered by ODEO A vida artística do grupo non foi moi larga; eu coñezo somentes tres LP's: End of the world (1968), It's five o'clock (1969) e 666 (1972). Este último LP ten a súa historia. Aparte de contar xa coa colaboración do guitarrista Koulouris é un traballo de rock progresivo baseado no Apocalipsis de San Juan. Ademáis, houbo unha circunstancia engadida: o tema Infinity, que ven sendo un orgasmo (de máis de 5 minutos) simulado pola actriz Irene Papas, foi censurado...Este feito veulle de perlas ó grupo. A min, a verdade sea dita, non é que me guste aló moito, pero ainda que so sexa como curiosidade e por joder ós censores velaí tendes: powered by ODEO O grupo rómpese non sei exactamente cando, supoño que a finales de 1972, e dous dos seus compoñentes iniciaron carreira en solitario. ¡E que carreira! Vangelis converteuse nun compositor de gran éxito en todo o mundo, con un estilo de música moi característico que moitos califican como New Age, ainda que a min paréceme un pouco simplificadora esta visión da súa obra. Entre outras couas, Vangelis compuxo as bandas sonora de Chariots of Fire (que merecería o Oscar no ano 1981), Blade Runner(1982) e 1492:La conquista del paraíso (1992). Teño unha morea de música deste compositor. Pola súa banda Demis Roussos tamén tivo moito éxito en solitario; ainda que eu apenas teño nada deste home de voz tan peculiar...¡e que tanto engordou! Aínda que ultimamente penso que se puxo a réxime e adeljazou unha barbaridade. Teño que prejuntarlle a receta... En fin, que nos reproductores vai unha mostra da música do grupo, e de paso, polo mesmo precio, de Vangelis e Demis Roussos en solitario. E tamén uns vídeos de propina. APHRODITE'S CHILD: I want to live
Vindo do traballo escoitei na radio unha noticia sobre unha actuación de Eric Burdon este ano, creo recordar que en Granada, e, aparte de pensar, "joder, Eric Burdon, debe ir vello o cabrón", acordeime inmediatamente, claro está, de The House of the rising Sun, "La casa del Sol Naciente" como se coñeceu en España. Entón dixen, xa teño para a entrada desta semana. Pero a duda era: ¿The Animals ou The House of the Rising Sun? Nin se sabe... Este tema fixo mundialmente coñecido en 1964 ó grupo The Animals liderado por Eric Burdon e Alan Price, o teclista. O nome inicial da banda era, precisamente, Alan Price Combo, pero cando chegou Eric, en 1962 cambiaron o nome. O grupo era orixinario de Newcastre-on-Tyne, noreste de Inglaterra, e basaban o seu estilo de rock no rithm and blues. Esto era o que chegaba de USA, a música do momento. Por eso nun principio interpretaron temas de John Lee Hooker e compañía, e non o facían nada mal. A peculiar voz de Eric Burdon (na miña opinión unha das poucas voces "blancas" que non desmerece interpretando R&B), e a forma de tocar o órgano de Alan Price marcaban fortemente o estilo do grupo polo camiño do R&B. O tema que nos ocupa é un bo exemplo, no que tamén destaca o guitarrista Hilton Valentine. En 1965 o grupo recibe un duro golpe coa marcha de Alan Price, cansado das xiras e do avión, que creou un grupo propio : Alan Price Set. Pouco a pouco o grupo foise rompendo: marchou Chas Chandler e despois tamén Valentine, cando Eric Burdon empezou a meterse no mundo das drogas. Eric Burdon seguiu e refundou o grupo co nome de The New Animals Do tema The House of the Rising apenas sei nada, excepto que se trata dun tema popular norteamericano (creo que de Lousiana, pero non me fajades moito caso) que eles adaptaron maxistralmente. O que si sei é que antes de Eric Burdon xa o interpretara moitísima xente, entre outros nada menos que Bob Dylan. Pero foron The Animals os que lle deron fama mundial. Pois nada máis. Aquí tendes uns vídeos, un de 1964 e outro penso que de 2006 par que coñezados ó persoal. Dame a impresión que Eric, coma os bos viños, mellorou co tempo...Vos diredes. E no reproductor algunhas cousas máis de The Animals e varias versións do tema que nos ocupa, para que comparedes. Personalmente quédome, a pesar dos Rolling Stones, con esta.
THE ANIMALS (1964)
ERIC BURDON & THE ANIMALS (2005)
ERIC BURDON EN DIRECTO (ALEMANIA) CON PETER FRAMPTON E IAN ANDERSON
Pensaba dedicar esta entrada á un dos meus ídolos de xuventude, a malograda Janis Joplin. Conservo un LP dela comprado a finales de 1969: I Got Dem Ol'KOZMIC BLUES Again Mama! A canción que lle daba o título era a segunda da cara B. Pero ó remexer nos discos encontrei un single de Jefferson Airplane, o grupo de rock psicodélico dos 60 e pensei que tamén valía a pena. Ó lado del tiña un de CCR e entón acordeime do festival de Woodstock, aquel dos "3 days of peace and music", como rezaba nos carteis anunciadores.
Así que hoxe toca unha pequena homenaxe o festival máis importante da historia do rock, que, curiosamente, non se celebrou en Woodstock (Ulster County, USA), lugar no que estaba programado, senón nunha granxa de Bethel, cerca de New York, os días 15, 16 e 17 de agosto de 1969. O motivo do cambio de lugar foi a forte oposición á súa celebración, que casi logrou que non se chegara a celebrar o evento. Pero Sam Yasgur logrou convencer ó seu pai, Max Yasgur (que ademais cobrou un bo pico...), para que se celebrase nos terreos da familia, en Sullivan County.
A asistencia superou tódalas previsións: déronse cita arredor de 400.000 persoas, cando os cálculos iniciais eran de unhas 60.000 que eran as etradas que os organizadores lograran vender por correo con anterioridade, mediante un sistema ideado para a ocasión. Calculaban que podían vender unhas poucas máis nos postos colocados a tal efecto, pero a riada de xente desbordou os cálculos máis optimistas, e meso dise que non puideron chegar ó lugar outras 250.000 máis, por diversos problemas de tráfico, etc. Woodstock convertiuse nun símbolo da rebeldía dunha xeneración, farta de guerras, contra o sistema. Predicando a paz e o amor libre, con aquelas furgonetas WW pintadas de flores, con grandes melenas e cheos de amuletos, estes rapaces espallaron polo mundo un xeito de pensar diferente, un cambio de rumbo na civilización: era o movemento hippie, que aquí en España collionos un pouco a contra pé...Eran malos tempos para a lírica, ainda que xa se albiscaba o final do túnel aló adiante. A nómina de participantes é, como podedes imaxinar, moi grande. Citarei aqueles dos que teño algún disco na miña colección: Joan Baez, Joe Cocker , Creedence Clearwater Revival, Grateful Dead, Jimi Hendrix, Janis Joplin, Jefferson Airplane, Melanie, Carlos Santana, Neil Young, The Who ...E outros que non poideron chegar, como por exemplo Iron Butterfly, do que xa falamos aquí.
Para non "enrollarme" máis e pasar a escoitar e ver música, recoméndovos a lectura deste especial de El Cuervo, que resume penso que bastante acertadamente todo o que representou o festival. Interesante tamén, e en galego, esta páxina da wikipedia.
Para esta ocasión pareciame moi interesante a utilización de vídeos orixinais. Así que buceei en YouTube e seleccionei eses que vos presento, para rememorar un pouco o "ambientillo" daqueles días...Posiblemente encontre máis nos próximos días. Aparte, irei poñendo no reproductor temas interpretados no festival polos diferentes grupos. Espero que disfrutedes tanto con eles coma eu disfrutei recordando vellos tempos...
WOODSTOCK,3 days of peace and music
JOE COCKER, interpretando With A Little Help From My Friends (The Beatles)
Contan que en certa ocasión, preguntado acerca do jazz, Louis Armstrong (nada menos) respondeu simplemente:
o jazz non é unha música senón unha maneira de tocala
Evidentemente Louis Armstrong sabía moi ben o que dicía. Así que, vindo de quen ven, penso que podemos dar por boa esa definición que resume en poucas palabras a verdadeira esencia deste tipo de música.
Podemos dicir que o jazz diferénciase do resto da música en, alomenos, dous aspectos importantes. Por un lado, aquí o esencial é a interpretación, e non a composición: o artista é o intérprete, o compositor importa moito menos ou non importa nada. A partitura, si existe,está aí para non facerlle demasiado caso. Esto lévanos ó segundo aspecto: a improvisación, que se converte na alma do jazz. Sen ela, en maior ou menor grao, non podemos falar de jazz.
Existen moitas e moi boas páxinas de información sobre as raíces, a historia, os intérpretes, os estilos...do jazz. Así que non perderei tempo neste aspecto e remítovos ó final do artigo para que vos documentedes se vos apetece. Só unhas breves notas: 1) En canto ás raíces:o jazz é o resultado final do encontro da música tradicional africana coa europea nun espacio concreto (o delta do Mississippi) e nun tempo preciso, a chegada dos esclavos negros dende o principio do século XVII. O Gospell (cánticos relixiosos)e o Blues (“Blues is a feeling”, o blues é unha sensación, un sentimento)están na orixe do jazz. E tamén o Ragtime, estilo pianístico orixinario de Saint Louis (1870), que se asemella moito ó jazz. 2) En canto ós orixes do jazz propiamente dito: non resulta nada fácil situar o nacemento preciso do jazz no tempo. Pero sí podemos datar con exactitude a primeira gravación de jazz: foi o 30 de xaneiro de 1917. Ese día un grupo de músicos, curiosamente blancos, que se denominou "Original Dixieland Jass Band" (así, con dúas eses)gravou para o selo Columbia "Darktown Strutter's Ball" e "Indiana". Gravou...pero non se publicou. Así que a primeira publicación de jazz tivo lugar un pouco máis tarde, a finais de febreiro: a mesma banda gravou para o selo Victor "Livery Stable Blues" y "The Original Dixieland One Step", que alcanzaron un gran éxito.
Para esta primeira entrega escollín a dous dos meus favoritos, dous virtuosos deses que non morren: Louis Armstrong(1900-1971) e Sideny Bechet (1897-1959).. Ambos podemos encadralos no estilo "Dixieland", denominado tamén "Tradicional" o "New Orleans", ainda que sobre esto das clasificacións non hai unanimidade.
Pero como o que importa é a música, pois aquí tendes:
E para final, como curiosidade, un tema de Scott Joplin (1868-1917),"The Entertainer", que se fixo, co tempo ,(que llo ía dicir ó pobre de Scott, que morreu na miseria) inmensamente popular como banda sonora da película "The Sting" ("El Golpe", ¿recordades?) dirixida por George Roy Hill en 1974, con un Paul Newman maxistral. De paso, para que os máis vellos refresquen a memoria, ahí tedes tamén un clip dunha das esceas máis coñecidas da película, que seguro vos vai a gustar.
Páxinas interesantes acerca da música de jazz:
Historia do Jazz: Páxina aloxada no MEC (PNIC) que selecciono aquí porque ten unha referencia clara sobre a historia do jazz.
Jazz Antology: É unha pena que esta interesantísima páxina estea en inglés. Pero ten unha sección que che permitirá dar un paseo sonoro pola música jazz de tódolos tempos.
El Jazz, los vinos y la literatura. Na parte que dedica ó jazz esta curiosa páxina ten un pouco de todo. Entre outras cousas, unha curiosa colección de carátulas.
Mr. Dixie Jazz Band: Sorprendente páxina por varios motivos. Por ser da terra, por ser dunha banda de jazz clásico, sejuramente única en Galicia, e polo ben feita que está. Unha ledicia, na que podes escoitar fragmentos das súas interpretacións, por certo, dunha gran calidade. Non a perdas.
TomaJazz: Completísima páxina española dedicada ó jazz. Cada mes dedican un exhaustivo especial a un músico. O especial do momento: Duke Ellington.