sábado 17 de marzo de 2007

LONE STAR

lonestar039.jpg


Lone Star foi un grupo catalán que estaba entre os favoritos da miña mocedade, e do que recordo de memoria moitas das súas cancións. Teño ese single da imaxe dende fai casi 40 anos. A canción da cara A, Lyla, foi sejuramente, un dos seus temas máis populares.

O fundador do grupo e líder indiscutible, foi o seu cantante Pedro Gené. A idea tívoa á volta dunha estancia de casi un ano en Inglaterra (1959). Entón chamou a antigos compañeiros do Conservatorio de Música e fundou o grupo. A propia idea do nome tamén é súa.

Os compoñentes incicias son, ademais de Pedro Gené, Enrique López (batería), Enric Fuster (piano) e Rafael de la Vega (baixo). Ó longo da súa historia houbo baixas e novas incorporacións, destacando entre estas a de Joan Miró Poblet, un excelente guitarrista.

Pero temos a sorte de contar cunha páxina oficial completísima, na que poderedes encontrar biografías, discografía, recortes de prensa, letras e mesmo escoitar fragmentos de tódalas súas cancións. Así que case mellor pinchade aquí para enterarvos de todo en profundidade.

Na miña opinión Lone Star é un dos grupos con máis personalidade no panorama do rock español dos 70. Atrevéronse tamén co jazz e versionaron temas famosos con dignidade, mesmo traducidos ó castelán. Tamén interpretaron temas en catalán.

Subirei tamén ó reproductor cancións súas, cando poda, que estes días Radio Blog está con tareas de mantemento. Aquí vos deixo unha mostra de vídeos que penso serán do voso interese.

CHICA SOLITARIA (TV2-1972)

ADELANTE

JAZZ EN DIRECTO (TVE-1974)

POPURRÍ DE ÉXITOS (TVE, 1974)

L'AMOR S'EN VA (TVE, 1977)

PUNTA D'ALBA (TVE, 1977)

MI CALLE (¡QUE NOCHE LA DE AQUEL AÑO!, TVE, 1980)

domingo 4 de marzo de 2007

THE MAN IN BLACK

O home de negro, o da voz profunda,foi sen dúbida unha das lendas da música popular do século XX.
Johnny Cash cumpliría fai uns días 75 anos. Nacido en Kingsland, Arkansas (26-02-1932), ó longo dos seus 50 anos de carreira gravou centos de albumes e singles.
A vida de Johnny Cash estivo marcada pola súa adición ás drogas, que comezou en 1956 e durou ata principios dos 70.
En 1997 comezan os seus problemas de saúde que, ó fin, levaríano a morte acaecida o 12 de setembro de 2003.
Para profundizar sobre a súa vida recoméndovos as páxinas seguintes:
- A súa páxina oficial (en inglés)
- Páxina non oficial coa súa biografía e obra musical (en inglés)
- Artigo na Wikipedia
- All Music (en inglés)
- RollingStone
-Páxina adicada a Johnny Cash en español

Aquí vos deixo unha mostra da súa música.

En primeiro lugar a impresionante versión de House of the rising sun:

Aquí unha das súas gravacións máis famosas da Sun:

Aquí a súa interpretación de One (U2)

Aquí con Willie Nelson o famoso tema Ghost Riders In The Sky


E aquí un vídeo dun tema da súa última gravación: Hurt, do grupo Nine Inch Nails (NIN)

Ó longo da semana irei colocando algunhas cousas máis no reproductor.