miércoles 21 de febrero de 2007

¿E SE FALAMOS DE JAZZ? (III): O JAZZ VOCAL

Ninguén dubidará de que o jazz é basicamente instrumental. Os músicos son os que fixeron evolucionar o jazz. Pero tampouco debemos deixar de lado a unha serie de intérpretes, sobre todo mulleres, que destacaron precisamente por cantar jazz. Algunhas destas intépretes realmente interpretaron jazz en exclusiva, pódese dicir.
Hai moi boas voces e resulta complicado falar da mellor intérprete de jazz, pero eu voume a mollar: quédome con Billie Holiday. En segundo lugar xa non teño claras as cousas: ¿Ella Fitgerald?, ¿Sarah Vaughan?, ¿Dinah Washington?, ¿Peggy Lee?...
En homes sí que non hai dúbida de ningún tipo, dijo eu...¿ou alguén pode presentar un candidato alternativo a Louis Armstrong?

Aquí vos deixo unhas mostras para que opinedes.
BILLIE HOLIDAY: Blue Moon
SARAH VAUGHAN: You'd Be So Nice To Come Home To

ELLA FITZGERALD: Stormy weather

DINAH WASHINGTON: Call Me Irresponsible

PEGGY LEE: Smile

LOUIS ARMSTRONG: Cést si bon

viernes 16 de febrero de 2007

1967 :SMASH


Non foi Smash un grupo demasiado coñecido. A súa aposta pola investigación e a innovación fixo que non gozase do coñecemento do gran público. No obstante eu penso que a súa música merece a pena, e por eso vos invito hoxe a coñecer un pouco polo miúdo a este grupo sevillano de corta vida musical (romperiase en 1973, representante do que se dou en chamar rock andaluz.

Teño o LP Glorieta de los Lotos (gravado en 1970 para Philips) dende o 20 de agosto de 1971. Del son todos os temas que hoxe vos presento. Este foi primeiro album deste grupo sevillano, aínda que previamente xa gravaran un single titulado "Scouting".

O grupo sorprendeu no seu día polo seu estilo no que predomina o blues e o rock, con algúns tintes psicodélicos e progresivos e mesmo música folk americana. Supoño que nalgúns temas recoñeceredes claramente a influencia de Bob Dylan, ou da Jimi Hendrix Experience, ou mesmo dalgunhas cousas dos Beatles. A min sempre me paréceme un grupo de grande calidade instrumental.

A banda estaba formada por Gualberto García, músico sevillano que facía de todo un pouco; o guitarrista Julio Matito,voz principal do grupo; o batería Antonio Rodríguez "Antoñito"; e nesta época xa formaba parte do grupo tamén o violinista e guitarrista holandés Henrik Michael.
Na gravación deste LP Gualberto discutiu cos seus compañeiros e deixou o grupo momentaneamente. Así que a gravación continuou sen el.

Presentovos catro temas para que vos fagades unha idea do tipo de música que facían.

Comezo con "Forever Walking", o primeito tema do disco, unha canción melancólica e con toques piscodélicos sobre todo nos solos de guitarra.


"Light blood, dark bleeding", é un tema blues no que destacan uns precisos e preciosos punteados de guitarras.

"It's only nothing" tratase dun blues movidiño que na miña opinión é do mellor do LP.

Estou sejuro que ó escoitar a balada seguinte, "Nazarin again", acordarédevos de Bob Dylan. O tema fala de predicadores e gurús.

Na cara B, xa sen Gualberto, aparece "Aimsha" unha balada que nos transporta ó espíritu de non violencia e amor dos 60. O propio título é unha palabra sánscrita que sirve para expresar o concepto de non violencia.
Posteriormente editaron un segundo LP no que abandonaron os ritmos blues e seguiron coa experimentación do rock psicodélico e progresivo.: "We come to Smash this time/Esta vez venimos a golpear" (1971).

Na última etapa da súa vida musical , coa incorporación ó grupo de Manuel Molina (de Lole y Manuel) emprenden o camiño cara o rock que podemos chamar de "raíces", o rock con aires de flamenco, que se dou en chamar rock andaluz.

domingo 11 de febrero de 2007

ESTAMOS EN OBRAS

Estes días estou recompoñendo un pouquiño o sitio. Estou pasando a música de tódolos reproductores de Odeo ó de Radio Blog. Este proceso é algo lento, porque para poder escoitar as cancións en Radio Blog hai que convertilas a outro formato e subilas a un servidor.
Ten ventaxas e inconvintes, pero o fin decidinme por este método. Este reproductor ten a ventaxa de que podedes escoitalo fora da páxina premendo onde di Pop-up. Ábrese unha ventaniña con reproductor e xa podedes cerrar a páxina e escoitar a música co reproductor na barra de estado, por exemplo. Tamén ten un sistema de búsqueda moi útil. Por contra non é tan bonitiño...
Cando acabe sacarei os reproductores de Odeo do blog. Pero gardareinos un curruncho que teño por aí por si a alguén lle interesa, o mesmo que toda a música do blog.

jueves 8 de febrero de 2007

1978: MORIS E "SÁBADO NOCHE"


Uruguaio de nacemento (1942), Mauricio Moris Birabent, criouse e vive na actualidade en Arxentina onde segue en activo. Aló fundou o grupo de rock Los Beatniks, que gravou o primeiro disco de rock nese país.
No ano 1976 Moris aterrizou en España e permaneceu uns anos no noso país. Nesta época, entre 1975 e 1985 unha serie de grupos españois decidiron apostar por facer rock en español, o que nun principio non resultou nada fácil pola reticencia das casas discográficas, que non creían que poidesen competir cos grupos americanos e ingleses.
No medio desta interesante "fanua" estaba Moris, que tiña as súas peculiaridades. Por exemplo, foi o protagonista da primeira actuación de rock nunha cárcel, neste caso en Carabanchel, creo que en Xuño de 1980.
Mariscal Romero referíase a el en 1985 deste xeito:

Verlo actuar es toda una experiencia. No es normal ver el espectáculo de un hombre solo, cantando con su guitarra eléctrica...Por todo ello, Moris es un cantante de verdad urbano, tan poco refinado, pero tan descarado y en el fondo sensible, como los jóvens a quienes canta
Sejuramente o tema que lle dou máis popularidade foi Sábado noche.
Así figura o seu título no LP ó que pertenece (Fiebre de Vivir, 1978),
aínda que logo vese por ahí noutras gravacións como Sábado a la noche.
Era a primeira canción da cara A. Aquí a tendes:


Na cara B aparecía de primeira outro dos seus grandes éxitos, neste caso a versión en español de Blue Suede Shoes (Carl Perkins): Zapatos de gamuza azul.


Cando no ano 1982 Miguel Ríos gravou en directo o seu doble LP Rock And Ríos (para celebrar os seus 20 anos de músico) incluiu o tema de Moris (nº 3 da cara D).


Deixovos tamén os tres no novo reproductor en probas, pois tiven algúns problemiñas con Odeo e estou meditando o traslado.

Aquí un vídeo para que o comparedes con Carl Perkins...



E aquí outro do grupo madrileño La Loca María, que destaca por interpretar música pasada de moda...

lunes 5 de febrero de 2007

VIOLETA PARRA (1917-1967)

Tal día coma hoxe fai xa 40 anos que Violeta del Carmen Parra Sandoval tomou a decisión de poñer fin á súa vida. Nacida en 1917 estaba Violeta na plenitude da súa vida.

Moitos consideran a Violeta a auténtica creadora da música popular chilena.Como artista fixo de todo un pouco: pintora, escultora, ceramista, cantante…Como recopiladora do floklore chileno o seu traballo é impresionante. No seu libro Cantos folclóricos chilenos logrou reunir máis de 3000 cancións populares. Casi nada. Pero non foi menos fecunda como compositora como podedes comprobar se entradas nas páxinas do final.

Nunca resulta fácil comprender as causas que poden levar a unha persoa a suicidarse, pero neste caso atreveríame a dicir que Violeta Parra morreu de desilusión e desengano.

Na súa estancia en Paris (1961-1965) coñecera ó que sen dúbida foi o gran amor da súa vida, o antropólogo suizo Gilbert Favré. Despois de dous matrimonios anteriores que acabaron en fracaso (ó que hai que engadir a morte dunha filla) o final desta última relación, un ano antes da súa morte, supuxo para Violeta un rudo golpe que, unido ó fracaso do seu gran proxecto, a carpa da comuna de La Reina (que Violeta pretendía converter nun referente cultural de Chile) tivo necesariamente que influír no seu estado de ánimo de xeito decisivo.
E foi na propia carpa na que tantas ilusións puxera onde acabou coa súa vida.

Segundo podedes ler na primeira das páxinas recomendadas máis abaixo, pouco antes da súa morte díxolle ó periodista Tito Mundt:

“Me falta algo, no sé qué es. Lo busco y no lo encuentro. Seguramente no lo hallaré jamás”
Así e todo foi neses últimos anos que Violeta compuxo posiblemente ás mellores cancións da súa vida, editadas nun álbum co título de Las Últimas composiciones. Neste importantísimo disco están as dúas cancións que a min máis me gustan de Violeta Parra: Volver a los 17 e Gracias a la vida. Aquí podedes escoitalas:
VOLVER A LOS 17

powered by ODEO
GRACIAS A LA VIDA

powered by ODEO
Violeta Parra foi unha muller de corpo enteiro, sempre fiel ás súas orixes, comprometida coas súas ideas. Non digo eu que única, pero si pouco frecuente.

Pero faltáballe algo que non atopou aquí.

Para saber máis:

viernes 2 de febrero de 2007

STAN GETZ E A GAROTA DE IPANEMA

Un dos mellores saxos do mundo foi distinguido en 1964 con tres premios Grammy por unha canción que, gracias a el, converteuse nun dos temas máis populares da historia do jazz.

Estamos a falar de Stan Getz e de A Garota de Ipanema.

Hoxe é un bo día para recordar a Stan, apodado “The Sound”, pois de non ter morto vai xa facer 16 anos, en 1991 (precisamente o ano que recibiu o seu último premio Grammy) cumpliría 80 anos. Pero o cáncer pudo con el despois dunha loita que duraba xa tres anos.

Stan é, como queda dito, o principal responsable da fama mundial que tivo A garota deIpanema (La chica de Ipanema, The girl form Ipanema), orixinal do compositor
Antonio Carlos Brasileiro de Almeida Jobim (Tom Jobim) que puxo a música, e Vinicius de Moraes (poeta, compositor e intérprete) autor da letra.


A ambos, e ó guitarrista Joao Gilberto, podemos consideralos creadores dun xénero novo: a bossa nova que Stan contribui decisivamente a divulgar en todo o mundo, nun exemplo perfecto de fusión musical entre dous estilos a cada cual máis fermoso.

Evidentemente Stan é moito máis que o seu paso pola bossa nova e a música brasileira, aínda que esta o fixese mundialmente famoso. Pero no seu aniversario queremos, sen máis, recordar a súa interpretación máis popular. Para unha maior información sobre a súa obra recoméndovos unha visita a Apolo y Baco

Eu ofrézcovos aquí a versión de Stan acompañado por Joao Gilberto e a que foi súa dona Astrud Gilberto . Insuperable, dijo eu ¿ou non?