lunes 29 de enero de 2007

1968: NIGHTS IN WHITE SATIN

Hoxe imos poñernos aljo románticos e recordar unha melodía que tivo un enorme éxito no seu momento, que non só de rockabilly vive o home (nen a muller). E como esto é un curruncho en clave de recordo, pois afloran os recordos. E hoxe acordeime dos Moody Blues.
O tema dos Moody Blues (Birmingham, 1964) é para moitos a mellor canción, balada ou como queira chamárselle, do ano 1968, o ano en que pasou de todo no mundo... ¡Ata España gañou o Festival de Eurovisión con La,la,la, que cantou Massiel porque non quixera Serrat! Foi tamén o ano en que Otis Redding gravou The Dock of the Bay, e o mesmo en que se publicou o "The White Album" dos Beatles...Mentras, en España, Luis Llach intentaba decirnos o que non se podía coa súa L'Estaca...
Composta polo guitarra do grupo Justin Hayward eu consérvoa nun sigle de Columbia, comprado nese ano, no que a The London Festival Orchestra acompaña ó grupo.

Aínda que dispoño dalgunha máis, ofézcovos as versións seguintes:

E un par de vídeos da versión orixinal en inglés e en español.

VERSIÓN ORIXINAL


VERSIÓN EN ESPAÑOL

domingo 28 de enero de 2007

O ROCKABILLY


Para algúns un movemento precursor do propio rock, e para outros os primeiros pasos do mesmo rock, o rockabilly é unha primeira fusión da música negra e da música country do sur de Estados Unidos que tivo o seu momento de esplendor a mediados dos 50.

O seu nome procede da fusión de dous vocábulos: rock+hillbilly, término este último que fai referencia ós habitantes de zonas rurais ou remotas. Un dos seus intérpretes máis significativos, Carl Perkins, definiu o xénero como "blues con un ritmo country".

No libro Diccionario del Rock y la música Popular, o seu autor, Roy Shuker, di o seguinte (páxina 265): “Primordialmente un género masuclino, sus figuras clave fueron Perkins, Gene Vincent, Eddie Cochran y Elvis Presley (las sesiones Sun[refírese ó selo Sun Records]). Guralnick manifiesta que el género empezó y terminó con Elvis, pero su influencia ha permanecido. Inicialmente un estilo norteamricano, el rockabilly fue recogido por los seguidores británicos, especialmente los teddy boys, proporcionando un interesante ejemplo de apropiación ultra-nacional”

No tocante á cita anterior penso eu que o autor debería incluír nela a Johnny Cash, apodado “The Man in Black”, o da voz profunda, para min o músico máis importante da historia da música country.

Quizá conveña recordar que cando fala dos
teddy boys ou abreviadamente teds, refírese a unha "fauna" aparecida en Gran Bretaña a mediados dos 50. Fundamentalmente de clase obrera deben o seu nome ó tipo de chaqueta que vestían imitando ás eduardinas (teddy, diminutivo de Eduardo) Típico deles tamén o tupé tipo “cú de pato”, aguantado con brillantina, os zapatos duros de sola e as corbatas en tiras . Posteriormente “evolucionaron” e apareceron os rockers, os motorizados, xa sabedes: chaqueta de coiro negro, vaqueros, botas e brillantina.

Á nómina de autores citados ata o momento penso eu que habería que engadir alomenos os seguintes: Buddy Holly, Jerry Lee Lewis, Johnny Burnette (que formou o trío Rock’N’Roll Trio co seu irmán Dorsey e con Paul Burlison ), Dale Hawkins, Ricky “Rick” Nelson e Billy Lee Riley, E incluso, aínda que foi un xénero eminentemente masculino, podemos incluír ás mulleres Wanda Jackson e JanisMartin.

Para hoxe deixovos uns vídeos que penso serán do voso agrado. En días sucesivos irei poñendo cousas dos diferentes autores citados.

En primeiro lugar, Carl Perkins, o meu favorito desa época, neste vídeo da sesión Carl Perkins and friends:
A Rockabilly Session (1986), na que participaron Ringo Starr, Eric Claptom, George Harrison e outros. Unha xoia, dijo eu ¿ou non?.



EDDIE COCRHAN: Summetime Blues


GENE VINCENT: Be-Bop-A-Lula

BUDDY HOLLY: That Il Be the Day


miércoles 24 de enero de 2007

¡FELIZ CUMPLEANOS, NEIL!

Tal día coma hoxe fai 66 anos que naceu en Brooklyn Neil Diamond.
Como intérprete de temas pop, soft-rock e mesmo con certos aires country, tivo bastante éxito a finais dos 60 e principios dos 70. Os temas que vos ofrezco estiveron na lista de éxitos en España, sobre todo o sejundo deles, Song, song, blue (72-73)
¡Feliz aniversario, Neil!

SWEET CAROLINE


SONG, SONG, BLUE


lunes 22 de enero de 2007

THE MAMAS AND THE PAPAS: MORREU DENNY DOHERTY

Hoxe entrei no blog Music Forever & Ever e alí entérome da morte de Denny Doherty, integrante de The Mamas and the Papas, un dos grupos de folk-pop máis importantes dos 60.

O grupo formouse en 1963, na cidade de New York. Ese ano, John Phillips e a súa dona Michelle Gillian, compoñentes do grupo The THE MAMAS AND THE PAPAS:Journeyman (do que tamén formou parte Scott McKenzie), uníronse á cantante Cass Elliot e a Denny Doherty, compoñentes á súa vez do grupo The Mugwumps.

O seu primeiro éxito importante foi California Dreamin, que escoitei por primeira vez en 1966, e da que conservo un single comprado ese mesmo ano. En España non entrou nos primeiros postos da lista de éxitos, cousa que sí ocurreu coa cara A do seu segundo single, Monday, monday, aínda que nunca estivo de número 1, que ese ano ocuparon cancións como Michelle, Black is black ou Yesterdey. Aínda que, todo hai que decilo, o éxito indiscutible dese ano foi Yo soy aquel, de Rafael.

Aquí vos quedan uns vídeos e subirei algo ó reproductor:
THE MAMAS AND THE PAPAS: CALIFORNIA DREAMIN



MONDAY, MONDAY

Máis información sobre o grupo en:

viernes 19 de enero de 2007

JOHNNY B. GOODE

John Lennon dixo en certa ocasión que si algunha vez alguén pensaba en cambiarlle ó nome o rock'n'roll debería poñerlle Chuck Berry, o autor da mundialmente famosa Johnny B Goode, , escrita en 1955 pero gravada, penso eu en 1958. Para detalles sobre a súa biografía podedes acudir á súa páxina oficial, se sabedes inglés; ou, se vos pasa como a mín, podedes acudir a Aloha ou á socorrida wikipedia, por exemplo. Ahí veredes como se Elvis foi o Rei, Chuck Berry é para moitos o auténtico pai do rock'n'roll.

O comentario á entrada anterior animoume a recuperar o tema máis famoso de Chuck, versionado por infinidade de grupos e que ten como curiosidade que é unha das cancións que viaxou ó espacio sideral: a misión Voyager (1977) incorporaba a bordo unha serie de obxectos da terra, como postais, escritos, gravación de sonidos e tamén 90 minutos de música. Neste disco figuraba esta canción de Chuck Berry xunto a un dos Concertos de Brandeburgo, de Bach, ou a Flauta Máxica de Mozart, por exemplo...Deste xeito, se os "marcianos" atopan o CD disfrutarán sen dúbida da música deste guitarrista negro, xa octoxenario, que segue na brecha...
Podemos afirmar, pois, sen esaxerar, que Chuck Berry si que é "galáctico", e non os mantas do Real Madrid...
A letra da canción trata dun rapaz que ten o sono de convertirse en estrela de rock'n'roll e parece que en parte está basada na propia vida de Chuck. Aquí a tendes:

Way down Louisiana close to New Orleans,
Way back up in the woods among the evergreens...
There stood a log cabin made of earth and wood,
Where lived a country boy name of Johnny B. Goode...
He never ever learned to read or write so well,
But he could play the guitar like ringing a bell.

Go Go
Go Johnny Go
Go Go
Johnny B. Goode

He use to carry his guitar in a gunny sack
And sit beneath the trees by the railroad track.
Oh, the engineers used to see him sitting in the shade,
Playing to the rhythm that the drivers made.
People passing by would stop and say
Oh my that little country boy could play

Go Go
Go Johnny Go
Go Go
Johnny B. Goode

His mama told him someday he would be a man,
And he would be the leader of a big old band.
Many people coming from miles around
To hear him play his music when the sun go down
Maybe someday his name would be in lights
Saying Johnny B. Goode tonight.

Go Go
Go Johnny Go
Go Go
Johnny B. Goode

Aquí deixovos un par de vídeos e no reproductor as versións de que dispoño de Johnny B. Goode. Mención especial merece a curiosísima versión (por chamarlle de algunha maneira) en ritmo reggae do jamaicano Peter Tosh, un home a ter en conta...
No reproductor encontraredes:
Versión de Chuck Berry, composta en 1955, pero gravada, penso eu, en 1958.
Versión de Bill Haley & The Comets. Teño as miñas dúbidas: non sei se non sería esta a primeira versión gravada, e non a de Chuck Berry. A ver se hai alguén por ahí que mo aclare.
Versión do rei Elvis.
Versión de AC/DC.
Versión xa citade de Peter Tosh
Versión dos Beatles
Versión de Jimi Hendrix, facendo das súas ca guitarra en vivo, nun concerto en Monterrey
Versión de Alvin Lee & Ten Years After
Versión de Johnny Winter

CHUCK BERRY

PETER TOSH

CHUCK BERRY CON JOHN LENNON, NA TV (1972)

domingo 14 de enero de 2007

O NACEMENTO DO ROCK

O conto empezou no sur dos Estados Unidos. E todo ten á súa orixe no blues, xénero musical que podemos considerar iniciado en 1920 coa gravación de Crazy Blues por Mammie Smith, e do que falaremos calquer día. O blues como parte fundamental da música negra profana, é o xénero decisivo, o que exerceu unha maior influencia no rock'n'roll e, de paso, en toda a música popular do século XX.
En canto ó seu nome, sábese perfectamente quen o utilizou por primeira vez: foi un discjokey de Cleveland, chamado Alan Freed. Un amigo seu , dono dunha tenda de discos, comentáralle que os rapaces brancos comezaban a ter un especial interés polos discos do máis puro rhytm and blues que tanto gustaban ós negros. Este feito era novidoso, pois ata ese momento existían moi claras diferencias nas preferencias musicais entre os brancos e os negros: os brancos bailaban cancións románticas, ó estilo Sinatra, mentras que os negros era moito máis pecaminosos, e facían moito máis exercicio nos seus bailes, con cancións de John Lee Hooker ou Fast Domino (nas que ás referencias sexuais eran moi explícitas) nun estilo de música despectivamente denominado pola clase media branca race music (ou tamén rhytm and blues).
A este tipo de música, con fortes bases rítmicas, chamoulle Alan Freed rock'n'roll, xuntando na denominación dúas palabras, to rock (mecer) e to roll (rodar), que eran empregadas con moita frecuencia na xerga dos negros con fortes connotacións sexuais. E adicou a este ritmo un programa de radio que tivo un éxito enorme: Rock and Roll Party. Todo esto ocurría no ano 1952.
Pero, ¿Quen podemos considerar o fundador do xénero? E, ¿ que tema pasará á historia como o primeiro rock'n'roll ?
A resposta á primeira pregunta non ofrece dúbidas: o ídolo fundacional foi Elvis Aaron Presley que pasaría á historia coma o Rei do Rock (e tamén como "The Pelvis", polos seus provocadores movementos).
Pero, lóxicamente, a segunda pregunta non ten resposta clara.
Personalmente síntome inclinado a concederlle ese honor ó tema Rock around the clock, gravado o 12 de abril de 1954 por Bill Haley and the Comets, sejuramente influído polo sentimentalismo de ter un LP deles bastante antigo en perfecto estado...


No obstante outros moitos entenden que o verdadiro iniciador é o mesmo Elvis co seu tema That's all right, gravado tres meses despois.
E mesmo hai quen se remonta ó 1949 e concédelle ese honor a Fats Domino, co seu tema The Fat Man.

powered by ODEO
Sexa como fora, podemos concluir que en torno ó ano 1954 iníciase un novo estilo musical que perdudará ata os nosos días. O rock é, pois, maior de idade, xa pasa dos 50 anos, pero non parece que vaia a xubilarse tan axiña.
Nestes primeiros tempos ten unha gran importancia un selo: Sun Records, de Memphis, Tennessee. Nel coincidiron os chamados "cinco grandes creadores do rock". Tendes a continuación enlaces para coñecelos algo mellor, e un tema famoso de cada un deles:
  • Elvis Presley, o Rei (1935-1977), ó que lle dedicaremos unha entrada aljún día.
  • Jerry Lee Lewis, O Asasino de Lousiana, o home do piano. Aquí tendes Whole Lotta Shakin' Goin' On, o tema que o catapultou ó éxito en 1957.
  • Carl Perkins, pionero do rockabilly (1932-1998), do que vos ofrezo un dos seus maiores éxitos, o famosísimo tema Blue Suede Shoes
  • Johnny Cash, nome unido ó country para sempre (1932-2003). Aquí podedes escoitar o seu tema Folsom Prison Blues
  • E Roy Orbison, The Big O (1936-1988). De el escollín posiblemente a máis famosa: Pretty Woman...
Habería que engadir polo menos dous máis: Bill Haley (1925-1981), do que xa falamos antes, e Chuck Berry (1926).

Por aquí adiante teño bastantes cousas de toda esta fauna... Irei subindo cousiñas para os reproductores ó longo da semana, pero se vos interesa algo en concreto, poñédevos en contacto conmigo, a ver se por casualidade o tivera.

A este grupo hai que engadir outros míticos cantantes dos inicios do rock, moitos deles encuadrados no movemento denominado rockabilly, dos que falaremos o próximo día: o rubio Eddie Cochran, de vida apasionante e morte prematura en accidente de coche (1938-1960), Buddy Holly (1936-1959), Ritchie Valens (1941-1959), Gene Vincent (1935-1971), Johnny Burnette (1934-1964)...

Aquí tendes os dous vídeos de propina dos temas citados como iniciadores do xénero.
BILL HALEY: ROCK AROUND THE CLOCK

O REI: THAT'S ALL RIGHT