LONE STAR

Lone Star foi un grupo catalán que estaba entre os favoritos da miña mocedade, e do que recordo de memoria moitas das súas cancións. Teño ese single da imaxe dende fai casi 40 anos. A canción da cara A, Lyla, foi sejuramente, un dos seus temas máis populares.
O fundador do grupo e líder indiscutible, foi o seu cantante Pedro Gené. A idea tívoa á volta dunha estancia de casi un ano en Inglaterra (1959). Entón chamou a antigos compañeiros do Conservatorio de Música e fundou o grupo. A propia idea do nome tamén é súa.
Os compoñentes incicias son, ademais de Pedro Gené, Enrique López (batería), Enric Fuster (piano) e Rafael de la Vega (baixo). Ó longo da súa historia houbo baixas e novas incorporacións, destacando entre estas a de Joan Miró Poblet, un excelente guitarrista.
Pero temos a sorte de contar cunha páxina oficial completísima, na que poderedes encontrar biografías, discografía, recortes de prensa, letras e mesmo escoitar fragmentos de tódalas súas cancións. Así que case mellor pinchade aquí para enterarvos de todo en profundidade.
Na miña opinión Lone Star é un dos grupos con máis personalidade no panorama do rock español dos 70. Atrevéronse tamén co jazz e versionaron temas famosos con dignidade, mesmo traducidos ó castelán. Tamén interpretaron temas en catalán.
Subirei tamén ó reproductor cancións súas, cando poda, que estes días Radio Blog está con tareas de mantemento. Aquí vos deixo unha mostra de vídeos que penso serán do voso interese.
CHICA SOLITARIA (TV2-1972)
ADELANTE
JAZZ EN DIRECTO (TVE-1974)
POPURRÍ DE ÉXITOS (TVE, 1974)
L'AMOR S'EN VA (TVE, 1977)
PUNTA D'ALBA (TVE, 1977)
MI CALLE (¡QUE NOCHE LA DE AQUEL AÑO!, TVE, 1980)


6 comentarios:
Que? sei que borras os coments? Onte puxenche o de que no bar de filgheira estaba a de Mi Calle, e hoxe non aparece. Salú e libertá.
Susiño, que carallo vou borrar os comentarios. O que pasa é que ti deixáchelo no outro sitio, e alí sije, por certo
Grazas por achegarnos información sobre este grupo. Fará cousa dun tempo, sin saber porqué, empecei a tararear o estribillo de "Quiero besar otra vez tus labios". Hoxe enterome de quen é a canción.
Unha aperta.
Pois só se ve o último video e nese tema tan algo blandos para ser rock ;)
eu teño ese single tamén, rescatado de casa dunha curmá máis vella. eran moi bos.
vaia; eu non consigo que os videos carrulen
Entrarei na súa web a ver.
Un saúdo
Publicar un comentario en la entrada