VIOLETA PARRA (1917-1967)
Tal día coma hoxe fai xa 40 anos que Violeta del Carmen Parra Sandoval tomou a decisión de poñer fin á súa vida. Nacida en 1917 estaba Violeta na plenitude da súa vida.
Moitos consideran a Violeta a auténtica creadora da música popular chilena.Como artista fixo de todo un pouco: pintora, escultora, ceramista, cantante…Como recopiladora do floklore chileno o seu traballo é impresionante. No seu libro Cantos folclóricos chilenos logrou reunir máis de 3000 cancións populares. Casi nada. Pero non foi menos fecunda como compositora como podedes comprobar se entradas nas páxinas do final.
Nunca resulta fácil comprender as causas que poden levar a unha persoa a suicidarse, pero neste caso atreveríame a dicir que Violeta Parra morreu de desilusión e desengano.
Na súa estancia en Paris (1961-1965) coñecera ó que sen dúbida foi o gran amor da súa vida, o antropólogo suizo Gilbert Favré. Despois de dous matrimonios anteriores que acabaron en fracaso (ó que hai que engadir a morte dunha filla) o final desta última relación, un ano antes da súa morte, supuxo para Violeta un rudo golpe que, unido ó fracaso do seu gran proxecto, a carpa da comuna de La Reina (que Violeta pretendía converter nun referente cultural de Chile) tivo necesariamente que influír no seu estado de ánimo de xeito decisivo.
E foi na propia carpa na que tantas ilusións puxera onde acabou coa súa vida.
Segundo podedes ler na primeira das páxinas recomendadas máis abaixo, pouco antes da súa morte díxolle ó periodista Tito Mundt: “Me falta algo, no sé qué es. Lo busco y no lo encuentro. Seguramente no lo hallaré jamás”
Así e todo foi neses últimos anos que Violeta compuxo posiblemente ás mellores cancións da súa vida, editadas nun álbum co título de Las Últimas composiciones. Neste importantísimo disco están as dúas cancións que a min máis me gustan de Violeta Parra: Volver a los 17 e Gracias a la vida. Aquí podedes escoitalas:
Pero faltáballe algo que non atopou aquí.
Para saber máis:

2 comentarios:
Fermosa história a de Violeta Parra. Fermosa música.
Seguramente o que procurava era tudo o que já era.
Mas, às vezes, custa ver essas cousas.
¿Porque será que hay tanta gente con tanto que decir que decide callar?
Alfonsina Storni, Alejandra Pizarnik, Violeta Parra...
Una familia excepcional, los Parra chilenos.
¡¡Viva chile!!
Apertas.
Publicar un comentario en la entrada