domingo 11 de febrero de 2007

ESTAMOS EN OBRAS

Estes días estou recompoñendo un pouquiño o sitio. Estou pasando a música de tódolos reproductores de Odeo ó de Radio Blog. Este proceso é algo lento, porque para poder escoitar as cancións en Radio Blog hai que convertilas a outro formato e subilas a un servidor.
Ten ventaxas e inconvintes, pero o fin decidinme por este método. Este reproductor ten a ventaxa de que podedes escoitalo fora da páxina premendo onde di Pop-up. Ábrese unha ventaniña con reproductor e xa podedes cerrar a páxina e escoitar a música co reproductor na barra de estado, por exemplo. Tamén ten un sistema de búsqueda moi útil. Por contra non é tan bonitiño...
Cando acabe sacarei os reproductores de Odeo do blog. Pero gardareinos un curruncho que teño por aí por si a alguén lle interesa, o mesmo que toda a música do blog.

5 comentarios:

Pobreloko dijo...

Interesantes reformas...
Un punto a explicar é que premendo no botón crossfader, ou, en casos extremos, pausando, permite cargar mellor as cancions pra evitar que salten.
Bonito detalle este do Snap

Pobreloko dijo...

Esquecía, podes cambiar as cores do radioblogue, e cun pouco de esforzo, ata o aspecto...eu vin algun con forma de iPod, así que por algún lado teñen que aparecer plantillas.
Por outro lado, naceu podgalego.com, un agregador de podcast en galego (por certo que teño o teu no meu ipod, o outro día non sei por que, tiña a un sudamericano falando, que non parecias ti...)moi interesante.

Ninsesabe dijo...

Voume poñer a eso porque si que me gustaría cambiar o aspecto.
Creo que o sudamericano ese é unha radio, Mirima creo recordar. E se non me equivoco son mexicanos.

Xan Guindán dijo...

Estiven durante bastante tempo desconectado disto do blogomillo, non do meu blog, que sempre estivo algo desconectado, de todos en xeral. O outro día deume por volver a visitar algún, e nunha arroutada refixen o meu. Así, pouco a pouco volvín a entrar aquí despois de moito tempo. Non vira nin o tema da radio, nin moitos dos artigos, e noraboa, moi interesante.

Suso Lista dijo...

Esto é unha maravilla. Cando veñas por Corme tesme que dar unhas pequenas clases. ¿Como vai o da Web? eu ahora non podo entrar en lycos. tou tendo problemas con Blogger, desde que entrei no novo sistema non podo facer coments se non é desde dentro do meu como se chame, plantillas. É o caso de ahora.