1967 :SMASH

Non foi Smash un grupo demasiado coñecido. A súa aposta pola investigación e a innovación fixo que non gozase do coñecemento do gran público. No obstante eu penso que a súa música merece a pena, e por eso vos invito hoxe a coñecer un pouco polo miúdo a este grupo sevillano de corta vida musical (romperiase en 1973, representante do que se dou en chamar rock andaluz.
Teño o LP Glorieta de los Lotos (gravado en 1970 para Philips) dende o 20 de agosto de 1971. Del son todos os temas que hoxe vos presento. Este foi primeiro album deste grupo sevillano, aínda que previamente xa gravaran un single titulado "Scouting".
O grupo sorprendeu no seu día polo seu estilo no que predomina o blues e o rock, con algúns tintes psicodélicos e progresivos e mesmo música folk americana. Supoño que nalgúns temas recoñeceredes claramente a influencia de Bob Dylan, ou da Jimi Hendrix Experience, ou mesmo dalgunhas cousas dos Beatles. A min sempre me paréceme un grupo de grande calidade instrumental.
A banda estaba formada por Gualberto García, músico sevillano que facía de todo un pouco; o guitarrista Julio Matito,voz principal do grupo; o batería Antonio Rodríguez "Antoñito"; e nesta época xa formaba parte do grupo tamén o violinista e guitarrista holandés Henrik Michael.
Na gravación deste LP Gualberto discutiu cos seus compañeiros e deixou o grupo momentaneamente. Así que a gravación continuou sen el.
Presentovos catro temas para que vos fagades unha idea do tipo de música que facían.
Comezo con "Forever Walking", o primeito tema do disco, unha canción melancólica e con toques piscodélicos sobre todo nos solos de guitarra.


6 comentarios:
Si te dedicaras a lo que te tienes que dedicar....
Moitas gracias pola visita e o sabio comentario. Así da justo, recibindo consellos comme il faut.
Se aljunha vez se che ocurrise volver, podes completar a túa labor humanitaria indicándome as altas tarefas que a providencia me ten encomendadas e que eu deixo de lado irresponsablemente. De paso resolverías o maior enigma da miña existencia: para que carallo vimos ó mundo.
Eu tiña gravada El Garrotín na sua versión e de verdá era autentica. Boisimos. Suso lista
A Smash no los conocía pero suenan muy bién. Sí tengo ya más cosas de Triana y Los Módulos, de unos años más tarde, y la discografía completa de un grupo que bebe en esta fuentes, los Medina Azahara del romántico empedernido Manuel Martinez.
Voy a profundizar con esta gente.
Alapadedió
PD. Padrino... nchts... no sabía yo que hacías peyas de tus labores sagradas para venir a perder aqui el tiempo. Muy mal, ¿eh?, pero que muy mal...
:P
Se ha guardado su comentario y podrá visualizarse una vez que el propietario del blog lo haya aprobado.
¿Has puesto censura en el blog?
uy...
Glupsss...¡Que verjonza! Perdona, nandiño, ás veces premo en botóns e lojo pasa o que pasa...
Publicar un comentario en la entrada