THE MAMAS AND THE PAPAS: MORREU DENNY DOHERTY
Hoxe entrei no blog Music Forever & Ever e alí entérome da morte de Denny Doherty, integrante de The Mamas and the Papas, un dos grupos de folk-pop máis importantes dos 60.
O grupo formouse en 1963, na cidade de New York. Ese ano, John Phillips e a súa dona Michelle Gillian, compoñentes do grupo The THE MAMAS AND THE PAPAS:Journeyman (do que tamén formou parte Scott McKenzie), uníronse á cantante Cass Elliot e a Denny Doherty, compoñentes á súa vez do grupo The Mugwumps.
O seu primeiro éxito importante foi California Dreamin, que escoitei por primeira vez en 1966, e da que conservo un single comprado ese mesmo ano. En España non entrou nos primeiros postos da lista de éxitos, cousa que sí ocurreu coa cara A do seu segundo single, Monday, monday, aínda que nunca estivo de número 1, que ese ano ocuparon cancións como Michelle, Black is black ou Yesterdey. Aínda que, todo hai que decilo, o éxito indiscutible dese ano foi Yo soy aquel, de Rafael.
Aquí vos quedan uns vídeos e subirei algo ó reproductor:
THE MAMAS AND THE PAPAS: CALIFORNIA DREAMIN
MONDAY, MONDAY
Máis información sobre o grupo en:


1 comentarios:
Eu vi um filme, curiosamente levada polas freiras, que se chamava " Monterrey Pop". Era no cine-fórum dos dominicos, na Corunha dos começo dos setenta. Aí saião The Mamas and The Papas, Janis Joplin, Jimmy Hendrix e muitos mais.
Como gostava eu de sonhar que era umha cantante dessas que ia polo mundoa adiante sem freiras nem óstias...Santa inocéncia...!
Gostava da música aquela, não pola músiva em si, que não comprendia muito bem, mas pola sensação de liverdade que transmitia toda aquela gente.
Publicar un comentario en la entrada