JOHNNY B. GOODE
John Lennon dixo en certa ocasión que si algunha vez alguén pensaba en cambiarlle ó nome o rock'n'roll debería poñerlle Chuck Berry, o autor da mundialmente famosa Johnny B Goode, , escrita en 1955 pero gravada, penso eu en 1958. Para detalles sobre a súa biografía podedes acudir á súa páxina oficial, se sabedes inglés; ou, se vos pasa como a mín, podedes acudir a Aloha ou á socorrida wikipedia, por exemplo. Ahí veredes como se Elvis foi o Rei, Chuck Berry é para moitos o auténtico pai do rock'n'roll.
O comentario á entrada anterior animoume a recuperar o tema máis famoso de Chuck, versionado por infinidade de grupos e que ten como curiosidade que é unha das cancións que viaxou ó espacio sideral: a misión Voyager (1977) incorporaba a bordo unha serie de obxectos da terra, como postais, escritos, gravación de sonidos e tamén 90 minutos de música. Neste disco figuraba esta canción de Chuck Berry xunto a un dos Concertos de Brandeburgo, de Bach, ou a Flauta Máxica de Mozart, por exemplo...Deste xeito, se os "marcianos" atopan o CD disfrutarán sen dúbida da música deste guitarrista negro, xa octoxenario, que segue na brecha...
Podemos afirmar, pois, sen esaxerar, que Chuck Berry si que é "galáctico", e non os mantas do Real Madrid...
A letra da canción trata dun rapaz que ten o sono de convertirse en estrela de rock'n'roll e parece que en parte está basada na propia vida de Chuck. Aquí a tendes:
Aquí deixovos un par de vídeos e no reproductor as versións de que dispoño de Johnny B. Goode. Mención especial merece a curiosísima versión (por chamarlle de algunha maneira) en ritmo reggae do jamaicano Peter Tosh, un home a ter en conta...Way down Louisiana close to New Orleans,
Way back up in the woods among the evergreens...
There stood a log cabin made of earth and wood,
Where lived a country boy name of Johnny B. Goode...
He never ever learned to read or write so well,
But he could play the guitar like ringing a bell.Go Go
Go Johnny Go
Go Go
Johnny B. GoodeHe use to carry his guitar in a gunny sack
And sit beneath the trees by the railroad track.
Oh, the engineers used to see him sitting in the shade,
Playing to the rhythm that the drivers made.
People passing by would stop and say
Oh my that little country boy could playGo Go
Go Johnny Go
Go Go
Johnny B. GoodeHis mama told him someday he would be a man,
And he would be the leader of a big old band.
Many people coming from miles around
To hear him play his music when the sun go down
Maybe someday his name would be in lights
Saying Johnny B. Goode tonight.Go Go
Go Johnny Go
Go Go
Johnny B. Goode
No reproductor encontraredes:
Versión de Chuck Berry, composta en 1955, pero gravada, penso eu, en 1958.
Versión de Bill Haley & The Comets. Teño as miñas dúbidas: non sei se non sería esta a primeira versión gravada, e non a de Chuck Berry. A ver se hai alguén por ahí que mo aclare.
Versión do rei Elvis.
Versión de AC/DC.
Versión xa citade de Peter Tosh
Versión dos Beatles
Versión de Jimi Hendrix, facendo das súas ca guitarra en vivo, nun concerto en Monterrey
Versión de Alvin Lee & Ten Years After
Versión de Johnny Winter
CHUCK BERRY
PETER TOSH
CHUCK BERRY CON JOHN LENNON, NA TV (1972)


1 comentarios:
Buenas:
No conocía esa frase de John Lennon, pero Amén. Berry es el rock & roll, su garra en el escenario era incomensurable, sino saquemos de los anales de la polvorienta filmoteca musical su intervención en el concierto de "Sweet Toronto" del 69, genial, y además de todo esto, fue un maestro en el que se fijaron todos los rockeros y guitarristas.
Muy buen artículo.
Saludos.
Jorge
Publicar un comentario en la entrada