lunes 29 de enero de 2007

1968: NIGHTS IN WHITE SATIN

Hoxe imos poñernos aljo románticos e recordar unha melodía que tivo un enorme éxito no seu momento, que non só de rockabilly vive o home (nen a muller). E como esto é un curruncho en clave de recordo, pois afloran os recordos. E hoxe acordeime dos Moody Blues.
O tema dos Moody Blues (Birmingham, 1964) é para moitos a mellor canción, balada ou como queira chamárselle, do ano 1968, o ano en que pasou de todo no mundo... ¡Ata España gañou o Festival de Eurovisión con La,la,la, que cantou Massiel porque non quixera Serrat! Foi tamén o ano en que Otis Redding gravou The Dock of the Bay, e o mesmo en que se publicou o "The White Album" dos Beatles...Mentras, en España, Luis Llach intentaba decirnos o que non se podía coa súa L'Estaca...
Composta polo guitarra do grupo Justin Hayward eu consérvoa nun sigle de Columbia, comprado nese ano, no que a The London Festival Orchestra acompaña ó grupo.

Aínda que dispoño dalgunha máis, ofézcovos as versións seguintes:

E un par de vídeos da versión orixinal en inglés e en español.

VERSIÓN ORIXINAL


VERSIÓN EN ESPAÑOL

3 comentarios:

Nando dijo...

No se si estarás conmigo, pero me resulta insufrible la traduccion de un tema al castellano hecha por el grupo original... Ese cantar como si se tuviera la boca llena de filloas... Nonononono, inaguantable.

Ahora se lo que deben sentir en Yooorstaunnnn cuando escuchan a Aznar perpetrar sus diarreas mentales en la lengua de Chespir. Pero no preocuparse, que está trabahandou en eiouuuu... :)

Alapadedió

Ninsesabe dijo...

Tes máis razón que un santo.Estiven dudando, dudando...En fin que tes razón.

o que ven sendo dijo...

Me parece que xa te leín nalgunha ocasión no blogg de susolista. Ó que ía: non escoitara ningunha desas dúas versións de "Noites en blanco". E mira que eu xa escoitei unhas cantas...
por certo si che gustan os traballos folk-rock-sinfónicos, intenta escoitar un álbum de un tal Alan Simon que se chama ExcaliburII. É un traballo conceptual, e xa te podes imaxinar de que vai, a sorpresa está nos seus interpretes. Un é o guitarrista dos Moody Blues, pero hai moitos máis que mellor que descubras por ti mesmo. A ver dígoche outro Carlos Nuñez...¿A que é unha mezcla interesante, Barclay... en fin búscao ti mellor...