O NACEMENTO DO ROCK
O conto empezou no sur dos Estados Unidos. E todo ten á súa orixe no blues, xénero musical que podemos considerar iniciado en 1920 coa gravación de Crazy Blues por Mammie Smith, e do que falaremos calquer día. O blues como parte fundamental da música negra profana, é o xénero decisivo, o que exerceu unha maior influencia no rock'n'roll e, de paso, en toda a música popular do século XX.
En canto ó seu nome, sábese perfectamente quen o utilizou por primeira vez: foi un discjokey de Cleveland, chamado Alan Freed. Un amigo seu , dono dunha tenda de discos, comentáralle que os rapaces brancos comezaban a ter un especial interés polos discos do máis puro rhytm and blues que tanto gustaban ós negros. Este feito era novidoso, pois ata ese momento existían moi claras diferencias nas preferencias musicais entre os brancos e os negros: os brancos bailaban cancións románticas, ó estilo Sinatra, mentras que os negros era moito máis pecaminosos, e facían moito máis exercicio nos seus bailes, con cancións de John Lee Hooker ou Fast Domino (nas que ás referencias sexuais eran moi explícitas) nun estilo de música despectivamente denominado pola clase media branca race music (ou tamén rhytm and blues).
A este tipo de música, con fortes bases rítmicas, chamoulle Alan Freed rock'n'roll, xuntando na denominación dúas palabras, to rock (mecer) e to roll (rodar), que eran empregadas con moita frecuencia na xerga dos negros con fortes connotacións sexuais. E adicou a este ritmo un programa de radio que tivo un éxito enorme: Rock and Roll Party. Todo esto ocurría no ano 1952.
Pero, ¿Quen podemos considerar o fundador do xénero? E, ¿ que tema pasará á historia como o primeiro rock'n'roll ?
A resposta á primeira pregunta non ofrece dúbidas: o ídolo fundacional foi Elvis Aaron Presley que pasaría á historia coma o Rei do Rock (e tamén como "The Pelvis", polos seus provocadores movementos).
Pero, lóxicamente, a segunda pregunta non ten resposta clara.
Personalmente síntome inclinado a concederlle ese honor ó tema Rock around the clock, gravado o 12 de abril de 1954 por Bill Haley and the Comets, sejuramente influído polo sentimentalismo de ter un LP deles bastante antigo en perfecto estado...
No obstante outros moitos entenden que o verdadiro iniciador é o mesmo Elvis co seu tema That's all right, gravado tres meses despois.
E mesmo hai quen se remonta ó 1949 e concédelle ese honor a Fats Domino, co seu tema The Fat Man.

2 comentarios:
Dentro del capítulo "Conciertos para la historia a los que no fuí" está quel "Concierto de los 1000 años" que se celebró en el estadio de Riazor, y que duró 3 días (si mal no recuerdo) y por donde pasaron algunas de las viejas glorias y padres fundadores del rock. Maldita adolescencia insolvente.
No se que canción arranca el estilo, y supongo que cada crítico, entendido o usuario tendrá su favorita para tal destacado privilegio, pero despues de escuchar las tres que propones, la de Fats Domino ya contiene la base ritmica del R'N'R... en fin, debate abierto.
De todas maneras debería incluirse la interpretación del temazo en el baile de fin de curso de Marty McFly en "Regreso al Futuro"... ahí estába el inventor del Rock... ;)
O tema do que falas e Johnny B. Goode, de Chuk Berry (1955).Subireicho ó reproductor. Podes velo en Youtube (http://www.youtube.com/watch?v=t-D79GXt5r0)
De tódolos xeitos as que eu propoño son de antes de 1955... Pero tes razón, ese tema debe ser un dos rocks clásicos máis versionados do mundo mundial (dende os Beatles ata Sex Pistols ou Grateful Dead, pasando polos Suaves...) Incluso hai unha "secuela" do mismo Berry, que tamén teño por aquí: "Bye, bye, Johnny"
Publicar un comentario en la entrada