jueves 28 de diciembre de 2006

¿ES SI FALAMOS DE JAZZ?: O "SWING" (II)

Si vichedes a película biográfica sobre Benny Goodman á que fai referencia o imaxe (esta é de 1955,pero creo que hai outra de 1971) acordaredesvos do pasaxe que describe o clamoroso éxito no concieto no Carnegie Hall de New York en 1938 (¡xa chovio!), aunte un público esixente e pouco habituado a ese tipo de música. Se encontro por aí adiente o vídeo poñereimo ó final. O caso e que con motivo dese éxito foi aclamado por todo o mundo como "O rei do swing".
Duke Ellington, un dos maestros do swing como veredes (mellor dito, escoitaredes), dicía que sin swing non hai música. Swing ven sendo eso, un balanceo rítmico, pasando dun punto ó outro do compás, da tensión á relaxación. E ata tal punto se fixo popular ese ritmo, ou baile, ou como se lle queira chamar, que o swing, así con minúsculas, chegou a darlle o nome a unha época dentro da historia do jazz, a época do Swing, con maiúsculas, que vai dende principios dos 30 ata mediados dos 40 aproximadamente. Porque, claro, antes do famoso concerto de Beny Goodman xa houbera moita xente que tocaba dese xeito, auténticos maestros dese estilo de música. Pero foi Benny o que chegou a popularizalo definitivamente.
Eu vou a poñervos unha serie de interpretacións de músicos que podemos encuadrar neste estilo (todo esto das clasificacións non me gusta nada, sempre se simplifican as cousas en demasía, pero bueno) e que a min me gustaron cando os fun descubrindo: as orquestas de Benny Goddman e Glenn Miller ; Lionel Hampton, que foi o primeiro en utilizar no jazz un novo instrumento, o vibráfono co que se faría famoso; Duke Ellington, o creador do jungle style, imitación dos sonidos da selva africana, apodado así pola súa elegancia no vestir; Benny Carter, saxofonista e compositor; o violinista francés Stéphane Grappelli do que dispoño dunha gravación xunto co pianista e compositor Claude Bolling (First Class); e o guitarrista belga Django Reinhardt, un fenómeno con moitísimo mérito dadas as circunstancias da súa biografía.
Para ampliar información pinchade no nome e iredes á biografía de cada un que aparece nunha das páxinas que vos recomendei na primeira entrega: Apolo y Baco



powered by ODEO

(1978)BENNY GOODMAN: 40 ANIVERSARIO DO CONCERTO DE CARNEGIE HALL