¿E SE FALAMOS DE JAZZ? (I)

Contan que en certa ocasión, preguntado acerca do jazz, Louis Armstrong (nada menos) respondeu simplemente:
o jazz non é unha música senón unha maneira de tocala
Podemos dicir que o jazz diferénciase do resto da música en, alomenos, dous aspectos importantes. Por un lado, aquí o esencial é a interpretación, e non a composición: o artista é o intérprete, o compositor importa moito menos ou non importa nada. A partitura, si existe,está aí para non facerlle demasiado caso. Esto lévanos ó segundo aspecto: a improvisación, que se converte na alma do jazz. Sen ela, en maior ou menor grao, non podemos falar de jazz.
Existen moitas e moi boas páxinas de información sobre as raíces, a historia, os intérpretes, os estilos...do jazz. Así que non perderei tempo neste aspecto e remítovos ó final do artigo para que vos documentedes se vos apetece. Só unhas breves notas:
1) En canto ás raíces:o jazz é o resultado final do encontro da música tradicional africana coa europea nun espacio concreto (o delta do Mississippi) e nun tempo preciso, a chegada dos esclavos negros dende o principio do século XVII. O Gospell (cánticos relixiosos)e o Blues (“Blues is a feeling”, o blues é unha sensación, un sentimento)están na orixe do jazz. E tamén o Ragtime, estilo pianístico orixinario de Saint Louis (1870), que se asemella moito ó jazz.
2) En canto ós orixes do jazz propiamente dito: non resulta nada fácil situar o nacemento preciso do jazz no tempo. Pero sí podemos datar con exactitude a primeira gravación de jazz: foi o 30 de xaneiro de 1917. Ese día un grupo de músicos, curiosamente blancos, que se denominou "Original Dixieland Jass Band" (así, con dúas eses)gravou para o selo Columbia "Darktown Strutter's Ball" e "Indiana". Gravou...pero non se publicou. Así que a primeira publicación de jazz tivo lugar un pouco máis tarde, a finais de febreiro: a mesma banda gravou para o selo Victor "Livery Stable Blues" y "The Original Dixieland One Step", que alcanzaron un gran éxito.
Para esta primeira entrega escollín a dous dos meus favoritos, dous virtuosos deses que non morren: Louis Armstrong(1900-1971) e Sideny Bechet (1897-1959).. Ambos podemos encadralos no estilo "Dixieland", denominado tamén "Tradicional" o "New Orleans", ainda que sobre esto das clasificacións non hai unanimidade.
Pero como o que importa é a música, pois aquí tendes:
LOUIS ARMSTRONG:
Skokiaan:


0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada