lunes 25 de diciembre de 2006

25/12/2006: MORREU JAMES BROWN

Despois dunha vida nada exemplar (coñecía ben os reformatorios, ás cárceres, os centros de desintoxicación...), con múltiples problemas derivados do consumo de drogas, acaba de morrer ós 73
anos, nun hospital de Atlanta, James Brown, o "padriño do soul" como se lle coñecía. Aló se foi "Mr.dinamita", o rei do soul, o do ritmo trepidante...
¡Cantos recordos!
Morreu James Brown, un dos meus ídolos de xuventude.

Na súa homenaxe, hoxe dedicareime a escoitar a súa música e, de paso, a subila ó reproductor.


MR. DINAMITA EN ACCIÓN