Con toda certeza oiriades falar de Demis Roussos e de Vangelis. Pero ¿cantos de vos oístes falar de Aphrodite's Child? Así se chamaba este trío grego do que formaban parte Demis Roussos (cantante e guitarrista), Vangelis Papathanassiou (teclista e compositor) e Lucas Sideras (batería). Interpretaba unha especie de pop-rock progresivo e psicodélico e tivo un notable éxito a finais dos 60. Formado en 1967, nun principio tamén pertenecía o gurpo o guitarrista Anargyros Koulouris; circunstancia esta da que me acabo de enterar agora mesmo, preparando esta entrada para o blog. Resulta que o seu primeiro disco ían gravalo en París; pero Kouloris estaba facendo a mili e non poido salir de Grecia... Eu sempre pensara que se incorporou ó final, pero como se ve xa fora un dos fundadores do grupo. Así pois, o trío gravou o seu primeiro single que resultou un éxito total en toda Europa: Rain and tears chegou a número un en moitas listas.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada