1964:THE HOUSE OF THE RISING SUN (THE ANIMALS)
Vindo do traballo escoitei na radio unha noticia sobre unha actuación de Eric Burdon este ano, creo recordar que en Granada, e, aparte de pensar, "joder, Eric Burdon, debe ir vello o cabrón", acordeime inmediatamente, claro está, de The House of the rising Sun, "La casa del Sol Naciente" como se coñeceu en España.
Entón dixen, xa teño para a entrada desta semana. Pero a duda era: ¿The Animals ou The House of the Rising Sun? Nin se sabe...
Este tema fixo mundialmente coñecido en 1964 ó grupo The Animals liderado por Eric Burdon e Alan Price, o teclista. O nome inicial da banda era, precisamente, Alan Price Combo, pero cando chegou Eric, en 1962 cambiaron o nome.
O grupo era orixinario de Newcastre-on-Tyne, noreste de Inglaterra, e basaban o seu estilo de rock no rithm and blues. Esto era o que chegaba de USA, a música do momento. Por eso nun principio interpretaron temas de John Lee Hooker e compañía, e non o facían nada mal.
A peculiar voz de Eric Burdon (na miña opinión unha das poucas voces "blancas" que non desmerece interpretando R&B), e a forma de tocar o órgano de Alan Price marcaban fortemente o estilo do grupo polo camiño do R&B.
O tema que nos ocupa é un bo exemplo, no que tamén destaca o guitarrista Hilton Valentine.
En 1965 o grupo recibe un duro golpe coa marcha de Alan Price, cansado das xiras e do avión, que creou un grupo propio : Alan Price Set.
Pouco a pouco o grupo foise rompendo: marchou Chas Chandler e despois tamén Valentine, cando Eric Burdon empezou a meterse no mundo das drogas. Eric Burdon seguiu e refundou o grupo co nome de The New Animals
Do tema The House of the Rising apenas sei nada, excepto que se trata dun tema popular norteamericano (creo que de Lousiana, pero non me fajades moito caso) que eles adaptaron maxistralmente. O que si sei é que antes de Eric Burdon xa o interpretara moitísima xente, entre outros nada menos que Bob Dylan. Pero foron The Animals os que lle deron fama mundial.
Pois nada máis.
Aquí tendes uns vídeos, un de 1964 e outro penso que de 2006 par que coñezados ó persoal. Dame a impresión que Eric, coma os bos viños, mellorou co tempo...Vos diredes.
E no reproductor algunhas cousas máis de The Animals e varias versións do tema que nos ocupa, para que comparedes. Personalmente quédome, a pesar dos Rolling Stones, con esta.
ERIC BURDON & THE ANIMALS (2005)
ERIC BURDON EN DIRECTO (ALEMANIA) CON PETER FRAMPTON E IAN ANDERSON

2 comentarios:
Hace ahora un par de años que Eric Burdon se dejó caer por el Coliseum con los The Animals actuales. No le faltó nadita para haber estado alli con el compañero con el que trabajaba por aquel entonces, un fanatico de Burdon y de la buena música de aquella época. Al final no pude ir :(
De The Animals solo conocia The House Of Rising Sun, y creo que poco o nada más... pero una oportunidad asi de ver a una bestia de la música no se debe dejar pasar. Y mira que también me queda la pena de no haber ido a ver a Sinatra cuando estuvo aqui, pero de aquella la entrada era cara y yo andaba sin un can en los bolsillos. Ahora intento ir a todo lo bueno que por aqui se digna a venir a tocar, que ya que son pocos lo que lo hacen mejor aprovechar.
PD. Curiosa cara de típico niño gamberrete que tiene Burdon en el 64 :))))))
Pois si que tiña cara de gamberro, pero no obstante si te fixas no vídeo a actuación é moi "modosita"...Polo que eu recordo as gamberradas estaban por vir...
Publicar un comentario en la entrada