miércoles 1 de noviembre de 2006

1968: IN-A-GADDA-DA-VIDA

Iron Butterfly publicou o seu primeiro traballo, Heavy, en 1968.
Foi un ano especial ese de 1968. Pasaron tantas cousas...
Vietnam era un inferno. E o 16 de marzo foi un día tráxico aínda para un inferno: tivo lugar a masacre de My Lay que conmocionou ó mundo.Se os que ían salva-lo mundo eran capaces de tal aberración ¿que podíamos esperar? Como se viu co tempo, nada.
Ese mesmo ano publicou Celso Emilio Ferreiro a súa obra Viaxe ó País dos Ananos, na que dedica a esa abominable guerra o poema Digo Vietnam e basta
Despois contemplamos con asombro, dende a nosa impotencia, o maio francés que acabou coa disolución da Asamblea Nacional Francesa e a convocatoria de elecións anticipadas...Este foi o manifesto dos estudiantese.
Claro que antes xa tivera lugar a Primavera de Praga
que acabaría fatalmente en agosto, cando as tropas do Pacto de Varsovia invadiron Checoslovaquia...
Foi o ano no que naceu o que será futuro Rei de España, ainda que ninguén o podía imaxinar naquel momento...Casualidade é que tamén naceu nese ano o actual cuñado do Príncipe, Iñaki Urdangarin.
Ese ano tamén foi asasinado, o 4 de abril, Martin Luther King, o home que o 28 de agosto do 1963 pronunciara aquel inmortal discurso. O crimen tivo lugar en Memphis, patria do rey do rock, Elvis Presley.
E tamén nos deixou Yuri Gagarin, o primeiro visitante do espacio.
Pero volvendo á musica, o que lles dou fama mundial a Iron Butterfly foi o seu sejundo album,In-A-Gadda-Da-Vida, publicado un ano despois. Nel, o tema do mesmo nombre ocupa a sejunda cara, cunha duración de 17 minutos. A letra é moi sinxela, e só se escoita ó principio e ó final.
A canción é importante na historia do rock pois representa o punto no que o rock psicodélico que podemos considerar iniciado co famoso Sargent Pepper's Lonely Hearts Club Band, dos Beatles, (e que logo consolidaría definitivamente Pink Floyd), inicia o camiño cara o hard rock, con grupos lexendarios coma Led Zeppelin ou Deep Purple.
Disque o nome quería ser "In the Garden of Eden", pero un dos seus compoñentes, Doug Ingle, pasado de revolucións pronunciono así...e así pasou á historia da música moderna.
Eu escoitei interpretar en directo este tema nunha discoteca coruñesa que habái por detrás do Cine Equitativa (¿Cassely ou aljo así?) a un cantante chamado Max B. Recordo que me sorprendera tanto que fun inmediatamente a Bambuco (¿quen se acorda daquela tenda de discos na Coruña?) a comprar o LP, que por suposto conservo perfectamente. ¿Queredes escoitala? Pois aquí o tendes.


powered by ODEO

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Cassely... meu deus... aun recuerdo esa discoteca de muy mozo, en sus últimos coletazos.

¿De que año estamos hablando en este concierto de Max B.?

Y, si me permites la pregunta en mi ignorancia... ¿quien era Max B.?

Este tema sirve de base a los Siniestro Total para darle su propia interpretación en "No me lavo en la vida baby", y a Matt Groening en un capítulo de Los Simpsons en el que Bart le cambia las partituras a la teclista de la iglesia de Springfield, que se arranca con este tema en vez de un himno. Por citar un par de secuelas :)

Además de la anécdota hecha mito del título "In the garden of eden" pasada por el tamiz del alcohol, hay otra que se cuenta como cierta (...) y que dice que estaban llamados a ser una de las actuaciones revelacion de Woodstock, pero una batalla campal entre sus componentes en el aeropuerto impidió que estuvieran en el recital.

Ay, si Bisbal levantara la cabeza :)

Alapadedió
El Fer

ninsesabepuntocom dijo...

A ver pequeñuelo:
1) Estamos falando de 1969, que foi cando comprei o disco en Bambuco, recién salido do forno.
2)Max B era un nejrazo de cojones...Viña cun pequeno grupo. E xa que o dis, vou mirar no Google a ver se atopo aljo. Recordo que o día que o fun a ver a cousa acabou coma o rosario da aurora. Un lío de cojones cun par de beodos...Viñeron os "matopos" e todo...
3) Sabía o de Los Simpsons, pero non o de Sinistro Total.
4) Non era alcohol, era LSD
5) Totalmente verídica la de Woodstock. Pero ó mellor tiveron sorte: recórdoche que no festival houbo tres mortos.
6) Se bisbal levanta a cabeza, sejuro que lla parten.
Alapadedió (Copyright © dousmilepico El Fer)