sábado 4 de noviembre de 2006

1966-1970: GET READY


Mentras que non complete o blog que amenazo con adicar á música facendo un recorrido polo tempo ata os nosos días, vou sejir subindo os temas que máis me marcaron cando era novo, para que podades escoitalos se vos peta...
De momento aquí tendes Get Ready.

Corría o ano 1966. O 17 de xaneiro, nas costas de Almería, estrélase un bombardero americano que levaba 4 bombas atómicas. Tres delas caen la praia de Palomares, e eso fixo que tivésemos que ver a Fraga e compañía en bañador, para demostrar que non pasaba nada...Na India, Indira Gandhi sube ó poder, os rusos consiguen chegar a Venus, empeza a Revolución Cultural en China e Ronald Reagen inicia a súa carreira política como gobernador de California.
A moda pop-art arrasa, o Atlético de Madrid gaña a liga, cousa nada frecuente., e o Madrid gañaría a súa 6ª copa de Europa consecutiva.

No terreo musical, a canción do ano e Michelle, dos Beatles e o mellor single "Strangers in the Night", de Frank Sinatra. A cadena SER estrena "Los 40 principales" e o 5 de agosto, Radio Requeté de Pamplona (¡que medo, carallo!) boicotea ós Beatles por unhas declaracións John Lennon sobre Jesucristo.

En Detroit o grupo The Temptations grababa o LP Gettin' Ready, con 12 temas entre os que figuraba Get Ready. O disco tivo bastante éxito, e en concreto o tema de que falamos.
Anos despois, no 1970, o grupo Rare Earth alcanzou fama mundial cunha versión dese tema que duraba máis de 21 minutos. Ocupaba a cara A dun LP con ese mesmo nome. O grupo nacera no ano 1961 co nome de "The Sunliners", pero mudou o seu nome e fíxose famoso como Rare Earth.
A discográfica e a lexendaria Motown Records.

O mesmo ano en que se publicou este tema morenon Jimi Hendrix e Janis Joplin, ambos de forma tráxica. O primeiro, con apenas 28 anos, cunha ingesta de barbitúricos mezclados con alcohol; a segunda, con un ano menos, por sobredosis de heroína...Temos aljo deles por aquí para poñer outro día.

Na sús versión longa, Get Ready empeza cunha melodía básica e posteriormente cada un dos compoñentes do grupo fai unha improvisación individual. A ver que vos parece o batería.
Aquí podedes escoitar as dúas versións, a curta de Temptations e a longa de Rare Earth.

The Temptations