sábado 18 de noviembre de 2006

JOHN LEE HOOKER (1917-2001)

Cando un músico é admirado por Van Morrison, Carlos Santana, Miles Davis, Johnny Rivers (adicoulle unha Oda a John Lee Hooker moi recomendable, ainda que algo longa) Bob Dylan ou os Rolling, algo debe ter.
E algo tiña sen dúbida John Lee Hooker, un dos autores míticos do blues de tódolos tempos.
Del sabemos que naceu un 22 de agosto, en Clarksdale, Mississippí; pero curiosamente temos certas dudas en canto ó ano. En moitas biografías dase como seguro o 1917, pero en algunhas ocasións o propio John afirmou ter nacido dous ou tres anos despois.
Do mesmo xeito que Muddy Waters (o pai do blues de Chicago; os Rolling Stones débenlle o nome a unha canción súa) ou Howlin Wolf (Chester Arthur Burnett, conocido así, co nome dun dos maiores éxitos do blues de tódolos tempos, publicado por él en 1962) Hooker tivo unha vida axitada: naceu no seo dunha familia con 11 irmáns, escapou de casa con apenas 14 anos fuxindo da pobreza e recalou finalmente en Detroit donde traballou na industria del automóvil.
Para máis datos sobre a súa biografía recomendo entrar na súa páxina oficial (se sabes inglés), ou nesta outra en castelán.
Dende o principio quedei prendado por un estilo que me parecía auténtico e primitivo. Do primeiro LP que comprei del, que iniciaba a colección Blues And Gospel Train, sorprénderonme cancións como Boogie Chillum (na que Hooker canta e toca a guitarra acompañándose co pe golpeando sobre unha chapa de madeira) ou Dimples,



Resulta moi difícil destacar éxitos na discografía dun músico que publicou máis de 100 LP's. O seu primeiro éxito importante foi o citado Boogie Chillun (1948, recién salira eu do forno...) En 1951 tivo moito éxito I'm in the mood (1951), da que existe esta preciosa versión acompañado de Bonnie Raitt..


Pero posiblemente a canción máis popular foi Bomm, boom (1962), ata tal punto que nos últimos anos da súa vida Hooker rexentou un club en San Francisco o que lle puxo precisamente o nome de Boomm, boomm, room , que aínda existe.


En 1985 compuxo a música para a película "El color púrpura", de Steven Spielberg.
En 1989 publica o album The healer, unha auténtica lenda. Non deixedes de escoitar a versión da canción que lle da o nome, con Carlos Santana, Rober Cray e Bonnie Raitt: merece a pena ¿ou non?.


En 1991 publica Mr Lucky (con Van Morrison). Aquí interpreta o tema con Robert Cray


Non perdades a versión de (I Can't Get No) Satisfaction, con Johnny Rivers.

powered by ODEO
Ou Get of my back woman, con BB King (casi nada)

powered by ODEO.
Ou...en fin, que máis da, todo é bo...para quen lle guste o blues, claro está.
Espero que o disfrutedes.

Para unha referencia da música blues recomendo La taberna del blues
Se queres enterarte do blues que se fai por aquí entra en Spain Blues