1957: SUSIE Q
Ou Suzy Q, ou Suzie Q...que de varias maneiras veredes denominado este tema composto por Dale Hawkins nada menos que en 1957, popularizado polo guitarrista James Burton e versionado por Rolling Stones, Johnny Rivers, George Harrison ou Jonh Lee Hooker nada menos entre outros moitos. Pero tal vez a versión máis popular e exitosa sexa a dos lexendarios Creedence Clearwater Revival, con seu líder o guitarrista John Fogerty á cabeza. Personalmente é a miña preferida, pero eso quere dicir ben pouco, porque os CCR son un dos meus grupos favoritos.
Eu teño un single de Johnny Rivers, un LP dos CCR, un CD dos Rolling Stones e a versión orixinal, de Dale Hawkins, dentro do CD Rock'n'Roll Forever, recopilación de temas dos 60 .
No ano que se compuxo esta canción naceron os Beatles en Liverpool, ainda que non foi ata 1963 que publicaron o seu primeiro disco: Please, please, me. Pero deso xa falaremos outro día...se cadra.
Falouse moito de Laika, unha cadela rusa que tivo a honra de ser o primeiro ser vivo que subiu ó espacio exterior, na nave soviética Sputnik 2. Un pouco antes, co Sputnik 1, os rusos tamén foran os primeiros en colocar un satélite artificial ó rededor da terra.
En Roma firmáronse os tratados que levan ese nome e que deron orixen á Comunidade Económica Europea e Albert Camus levou o Nobel de literatura
Ese ano deixáronnos Gabriela Mistral e Humphrey Bogart, pero eu acórdome moito máis da morte de Pedro Infante, que xunto con Jorge Negrete (¡aínda ten un club de fans en España!) que xa morrera uns anos atrás de forma tráxica) e Miguel Aceves Mejías (o rei do "falsete") era un dos meus ídolos no tocante as rancheras, que era o que máis escoitaba eu naquela Ondina blanca que tiñamos na cociña. Unha das súas cancións, "Carta a Eufemia" (¿ou cartas?) ainda a sei de memoria...
Volvendo a Susie Q, preséntovos aquí varias versións para que comparedes.
A mellor e a dos CCR.
Dijo eu.
¿Ou non?

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada